Os mellores do mundo do futbolín fixeron parada no porto de Malpica


O máis granado do futbolín estatal deuse cita no I Master Futbolín Malpica. Nada menos que os campións do Mundo pasaron polo porto Bergantiñá para demostrar que o título do Campionato Mundial de Futbolín e Punta Umbría non é por casualidade. A parella formada Pedro e Juandi arrasou en Malpica e se gañadores da categoría Pro, que equivale á 1ª División do futbolín estatal, na modalidade de Movemento.
Nas outras categorías, tamén houbo moita pelexa. Na categoría máster os campións foron Lupi e Pérez. Na modalidade de parado, os campións absolutos foron Alberto e Merose, mentres que en máster impuxéronse Unai e Albano.

Foron un total de 80 parellas as que participaron neste I Master Futbolín Malpica, unha iniciativa conxunta de Recreativos A Velas Vir, Tsunami Futbolín e A.D. A Pedreira na que colaborou o Concello de Malpica.
O porto converteuse no escenario dunha competición que nos permitiu ver en acción ás mellores parellas do país, e que volveu a encher de animación a nosa vila despois dun mes de agosto de récord.
Esta foi a final Pro de Movemennto entre Juandi-Pedrito vs Marcos-Pando:
https://www.facebook.com/recreativosavelasvir/videos/345591405879032/Así foi a final en parado entre Trifer e Meizoso-Alberto:
https://www.facebook.com/recreativosavelasvir/videos/345870489184457/Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).