Os Oleiros de Buño, no Congreso Internacional de Turismo de Ferrol
Estamos desexando ver os premios que están preparando para os premios históricos da III Gala do Fútbol da Costa. Pero é que estes Oleiros de Buño non paran, e esta semana están a promocionar a súa arte no 5º Congreso Europeo de Turismo Industrial, inaugurado onte en Ferrol.
No posto poden verse pezas modernas elaboradas polos artesáns Carmen Isabel, Marilá, Muxicas e o taller Cambón, ademais de pezas tradicionais que forman parte da colección do Ecomuseo do Forno do Forte e que datan dos anos oitenta e noventa, segundo explicou Paco Doval, director do museo, que tamén se desprazou a Ferrol.
No propio Forno do Forte elaboráronse, ademais, una serie de pezas específicas para este evento, tanto alusivas ao Congreso Europeo de Turismo Industrial como ao 3º Crossroad of Europe, que se celebra de forma paralela e no que se está a promocionar tamén o Concello de Malpica a través da área de Turismo.
A achega malpicá complétase cun cuadríptico impreso en varios idiomas que leva por título “Buño: tradición e deseño”, e que recolle os aspectos fundamentais da artesanía centenaria da localidade. Esa información complétase con dous grandes paneis, uno centrado en dar a coñecer a importancia da olería de Buño e outro no que se explica o que é un torno, e que está ubicado xusto ao lado do torno no que traballa o oleiro Fernando Cambón. As exhibicións continuarán mañá mércores, de 12.30 a 14.00 horas, e o xoves, de 13.30 a 15.00, no Centro da Fundación Caixa Galicia, onde tamén se ubican as exposicións.
O Congreso Europeo de Turismo Industrial rematará o venres cunha xornada de networking na que participarán Paco Doval, en representación do Ecomuseo do Forno do Forte, e Antón Noceda, do departamento de Turismo do Concello de Malpica.
Novas relacionadas
- Os Oleiros asumen a organización da Mostra de Olería de Buño.
- O edificio do Centro Comarcal de Bergantiños volve a mans do Concello.
- A Mostra da Olería de Buño quere voltar ao Centro Comarcal.
- Os oleiros multiplícanse por Malpica.
- De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño.
- Un oleiro en perigo de extinción.
Fonte
- Concello de Malpica.