Domingo. 24.10.2021
El tiempo

Os pequenos de Cerqueda abriron o entroido

Os pequenos de Cerqueda abriron o entroido

O pasado venres 17, xa escomenzou o entroido en Cerqueda cunha festa infantil organizada pola Asociación Raigañas. Houbo de todo, comezando por unha gran merendola, unha chocolatada acompañada de postres de entroido como orellas, filloas e rosquillas.

Nenos e pais, ademais de porse morados, tiveron tempo para participar nos distintos xogos tradicionais e ata nun desfile, ademais do tradicional baile de disfraces.

É esta unha mostra do potente que é o antroido en Malpica, pois se a capital do Concello tamén terá a súa festa, a vindeira fin de semana toca boa festa: a Mikaela e o Farruco serán protagonistas do Antroido de Buño e Seaia, e as Raigañas retoma o entroido o vindeiro domingo 26 tamén en Cerqueda, co percorrido dos madamitos e ghuardineros e rematara o sábado 3 de marzo co cocido de entroido, para os socios e tamén os que non o son.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Begoña Gómez.

comentarios