Os trasnos volven ao Camiño dos Faros para afianzar este recurso turístico incomparable

Despois do heroico Ultratrail, volve a normalidade ao Camiño dos Faros. Normalidade que implica acoller a centos de trasnos cada 15 días para realizar a que xa é a 4ª edición da ruta.
Unha edición que, como explica o propio Traski, “faise porque cremos que o obxectivo aínda non está cumprido do todo: queremos que este Camiño dos Faros exista co maior respecto á natureza posible e o faga moita xente. Esta volta debería ser a da consolidación, onde toda A Costa da Morte (concellos, veciños, asociacións) nos acompañasen para demostrarnos a todos que estamos ante un recurso turístico incomparable”.

Así, a 1ª etapa desta 4ª edición realizarase o vindeiro domingo 31 de agosto, partindo de Malpica e rematando en Niñóns, Ponteceso.
E xa saben, atentos porque o sábado hai pre-etapa, con algunha que outra actividadee.

Máis información

Novas relacionadas