venres. 09.05.2025
El tiempo

Os voluntarios de Protección Civil de Malpica participaron en 168 operativos en 2015

Os voluntarios de Protección Civil de Malpica participaron en 168 operativos en 2015
Proteccion Civil de Malpica homenaxeando ao Arranchado Algúns dos voluntarios de Protección Civil de Malpica

Son tremendas as cifras destas Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da bisbarra. Centos de persoas débenlle a vida a este colectivo de valentes persoas, que ceden o seu tempo altriuistamente ao servizo dos demais. Así son en Malpica, unha das poucas agrupacións que funciona exclusivamente con persoal voluntario, e que este pasado 2015 participou en 168 operativos, segundo a memoria presentada hoxe polo coordinador, Iván Muiño, que estivo acompañado polo alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Seguridade, Miguel Fernández.

Máis da metade das mobilizacións realizáronse entre xuño e setembro, o que pon en evidencia o notable incremento da carga de traballo á que fai fronte o voluntariado durante o verán. Nese sentido, Iván Muiño destacou que "á parte dos operativos, moitas veces imprevistos, do 112 Galicia, acudimos a moitos operativos organizados non só por entidades e asociacións locais, senón tamén supramunicipais”.

Neste sentido citou as festas de Nadal, a cabalgata de Reis, Semana Santa, Xogar no Porto, ruta cicloturística, Mostra da Olería, Festas do Mar... entre outros moitos eventos. Este tipo de operativos, de feito, supoñen unha parte moi importante do traballo. Así mesmo, Protección Civil actúa cando se detectan casos de animais soltos (33 en total o ano pasado) e en todo tipo de incidencias.

No 2015 acudiron a 22 accidentes de tráfico, 8 deles con vítimas.

Así mesmo, a agrupación colabora no control das entradas e saídas dos colexios e coordina o plan Sapraga de vixilancia de praias durante o verán. Precisamente o vindeiro 1 de xuño realizaranse as probas de selección dos 6 socorristas que velarán este ano pola seguridade dos usuarios da praia de Malpica. Iván Muiño expresou ademais a predisposición do seu equipo a “colaborar co resto das forzas do Estado e locais cando estas así o requiran”.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios