Domingo. 17.10.2021
El tiempo

Pecha o Centro Comarcal de Bergantiños de Buño

Pecha o Centro Comarcal de Bergantiños de Buño

Esta semana coñecemos que a Xunta vén de pechar o Centro Comarcal de Bergantiños, sito na localidade malpicá de Buño. Un Centro que ano a ano acollía a Mostra de Olería de Buño, así como servía de sede para os GAC e GDR de Bergantiños.
Pero os recorte das administracións chegan en todas as materias e a entidade pública que xestiona o centro, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, está en liquidación no marco do chamado “Plan de Racionalización”.

Esta nova supón o peche da exposición permanente de Olería, así como un varapao á economía de todo o Concello. Así o afirma o BNG de Malpica que considera a morte do centro comarcal de Buño como "o triunfo da irracionalidade". I é que para o grupo da oposición "Buño é eixo fundamental da economía e do turismo de Malpica, e calquera ataque ás súas infraestruturas é unha bomba que destrúe en poucos días o que dificilmente vai poder restaurarse en anos e anos".
Van máis aló e afirman que "este peche do Centro Comarcal de Bergantiños é un dano irreparable do que en breve coñeceremos as consecuencias".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Rosario Fernández Cancela, Portavoz do BNG Malpica.

comentarios