Pequenos e maiores coñecen ás pandeireteiras de Mens con Xosé Manuel Varela



O enorme divulgador da historia de Bergantiños e valedor da Fundación Eduardo Pondal, Xosé Manuel Varela, será o encargado de desenvolver catro obradoiros de lingua e música tradicional sobre as pandeireteiras de Mens en Malpica de Bergantiños. As citas serán este martes 15 de outubro, e os afortunados serán os pequenos da vila, pero tamén os maiores que o desexen.
A primeira intervención terá lugar no IES Urbano Lugrís cunha sesión dobre que comezará ás 11.30 h no salón de vídeo deste instituto situado no cabo Santo Hadrián. A primeira, de 40 asistentes, para alumnado de 1 de ESO. A segunda, con outros 40, para alumnado de 2º ESO.
Ás 15.00 h, os obradoiros desprazaranse ó CEIP Milladoiro. Os participantes serán 37 alumnos do 3 ciclo de EPO.
Por último, ás 18.00 finalizarase coa última sesión do día na Aula de Lecer de Malpica. Nesta ocasión, a cita será no Centro Cívico.
Dinamización lingüistica na Fundación
Ademais, o venres 18 de outubro, terá lugar a última actividade do proxecto dinamización lingüística 2013 que a Fundación Eduardo Pondal desenvolveu no territorio de Malpica de Bergantiños. A cita será na Casa do Oleiro, ás 18.00 h, cos asistentes da Aula de Lecer de Buño.
Novas relacionadas
- 14-08-12: Unha homenaxe convertida nun singular día de festa na parroquia de Mens.
- Pondal homenaxea ao regueifeiro, ós comparseiros e ás pandereteiras de Mens.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
Fonte
- Información da Fundación Eduardo Pondal.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).