Os pescadores recreativos pediron a apertura dos portos en Malpica
Como fixeran en decembro, e vendo que apenas se moveu nada nas administracións, os pescadores deportivos volveron concentrarse este sábado no peirao de Malpica.
Unha nova concentración contra a criminalización dun sector recreativo, e para intentar normalizar e legalizar unha situación erzarzada pola prensa, que provocou que Portos de Galicia pechase os peiraos.
Foron máis de 150 os pescadores que ateigaron, acompañados de hostaleiros e algún político, para reivindicar que se volvan abrir os portos, pois son “espazo que necesitamos para desenvolver a nosa actividade”. Un dos voceiros do colectivo, Emilio Cambre, recoñeceu que “arredor da pesca deportivo hai moitos comercios, hostalería, outros negocios, que estamos sufrindo moito a crise”, por iso que se permite volver a actividade. “A xente simplemente quere vir pescar e pasalo ben”, reiteraron.
Novas relacionadas
- Febreiro 2021: Así son as normas que vai impoñer Portos para a pesca recreativa nos peiraos e así é a proposta da Confraría de Malpica:
- Decembro 2020: Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
- Novembro 2020: Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes.
- 2017: Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
- 2017: Un pescador de luras do porto de Corcubión.