Martes. 30.04.2024
El tiempo

Piden a convocatoria dun pleno extraordinario para debater o posible cese de Alfredo Cañizo do goberno malpicán

BNG Malpica
Piden a convocatoria dun pleno extraordinario para debater o posible cese de Alfredo Cañizo do goberno malpicán

Son varias as polémicas que se meten enriba nos últimos meses arredor da figura do concelleiro Alfredo Cañizo. Á complicada relación coa Asociación da Olería de Buño e a organización da Mostra de “ Olaría” sen os oleiros da vila, sumouse o veto (corrixido un día despois) dunha publicación da cerquedá Icía Varela nas redes municipais, e a aparición dun documento no que Cañizo patentaba o nome da Mikaela de Buño (o mesmo día que corría polas redes o documento o edil púñase en contacto coa asociación para pedirlle os datos e asegurarlle que lle ía transferir a marca).

Ante esta situación, o BNG realizaba este pasado sábado unha rolda de prensa para denunciar a situación e criticar o goberno bipartito de PP e AIM. “Denunciamos que o Sr. Eduardo Parga non está cumprindo coas súas obrigas como alcalde, porque non está a defender os intereses da veciñanza, en concreto dun sector produtivo importante para a economía do noso concello como é a olería e, ante todos estes feitos de enfrontamentos e polémicas coa veciñanza, coas entidades, e cos sectores prodiutivos, o PP co seu alcalde á cabeza, ponse sempre do lado do Sr. Alfredo Cañizo”.

O grupo da oposición carga as tintas tanto contra o alcalde como contra o edil e esíxelle ao PSOE (que tamén solicitou por rexistro o seu cese) a convocatoria dun pleno extraordinario para debater o posible o cese de Alfredo Cañizo. Para o BNG ten que ser nun pleno onde se debatan estas cousas, pero como non conta cos concelleiros necesarios para facelo, pídelle ao PSOE que o faga.

 

Comentarios