Luns. 14.10.2024
El tiempo

O pleno de Malpica aprobou o orzamento

PLENO 3 MAIO-Malpica
Un pleno malpicán
O pleno de Malpica aprobou o orzamento

O pleno de Malpica aprobou este pasado venres, cos votos do grupo de goberno (PP e Cañizo), o Orzamento Xeral de 2022 e o cadro de persoal. Un orzamento que crece no seu conxunto un 9,02% con respecto ao do ano 2020, cun aumento de 436.604 euros ata alcanzar os 5.277.221 euros.

Ademais de manter as infraestruturas, o alcalde asegurou que se tratan dunhas contas de aposta polos servizos sociais, e polos sectores económico, sobre todo o turístico.

En canto o cadro de persoal o Concello está inmerso nun proceso de consolidación de postos de traballo e o alcalde anunciou que se fará pública a oferta de emprego público o vindeiro 1 de xuño. Precisamente, no capítulo de persoal o orzamento sofre un aumento do 2,39%.

Tamén destaca o aumento dun 19,62% no capítulo de gasto en bens correntes e servizos, ata chegar aos 2.852.376 euros, sendo a partida do Servizo de Axuda no Fogar a máis cuantiosa.

Ademais, aseguraron que aumentan as partidas das asociacións e clubs, claves no tecido cultural e deportivo do Concello.

Comentarios