Martes. 11.05.2021
El tiempo

O PP de Malpica acode á Valedora do Pobo ante falta de información

INTERNA 12,45 h.-   A conselleira de Política Social, Fabiola García, reunirase co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga.
foto xoán crespo
28/02/2019
Eduardo Parga, voceiro do PP de Malpica
O PP de Malpica acode á Valedora do Pobo ante falta de información

O PP de Malpica vén de poñer unha queixa ante a Valedora do Pobo, xa aceptada, ante a suposta “falta de transparencia” do goberno municipal. “No escrito infórmase detalladamente de todas as ocasións que se presentaron no rexistro do Concello as peticións para ter acceso a información de índole municipal, que ao non ser facilitada impide aos concelleiros populares levar a cabo as súas funcións”, explica Eduardo Parga, voceiro popular.

O PP lembra que solicitou, en outubro do ano pasado, información sobre as obras do Parque García Alén de Buño. Ao non recibiren resposta o 28 de xaneiro volveron preguntar polo tema en pleno,”sinalando o alcalde que se nos responderá”. O 19 de febreiro presentaron outro novo escrito sobre o asunto, e outro para solicitar “o visionado de todas as facturas que entrasen por rexistro no Concello ao longo do 2020”.

”En vista de que seguimos sen recibir resposta a ningunha das nosas peticións, na quenda de rogos o noso partido pide que se nos responda, advertindo que se están vulnerando os nosos dereitos e deberes como concelleiros ao non achegarnos a información que lles solicitamos”, o grupo toma a decisión de acodir á Valedora.

Parga aclara “En espera da decisión da Valedora do Pobo, lembramos ao executivo local que non permitiremos que se vulneren os nosos dereitos e deberes para exercer as nosas funcións polo compromiso adquirido coa nosa veciñanza. Teñan en conta que o Partido Popular segue sendo o grupo con máis representación no pleno, grazas á confianza depositada nas urnas polos veciños e veciñas do concello e por eles temos a obriga moral de cumprir co noso traballo e non dubidaremos en acudir adonde faga falta para poder facelo”.

comentarios