A praia de Malpica vólcase ca seguridade
Esta pasada fin de semana comezaba o dispositivo de seguridade fronte ao covid 19 nas praias do Concello de Malpica. O Concelleiro Alfredo Cañizo presentaba as “jaimas” informativas e de control de accesos á praia de Area Maior, a praia que congrega máis xente. Non están sendo os mellores días para comprobar a eficacia das medidas (porque as nubes impiden que haia xente no areal), pero dende o Concello aseguran que están “facendo o esforzo máis grande que poden para controlar que a nosa xente e a que xente que vén a Malpica non enferme”, como explica Cañizo.
O propio alcalde de Malpica, Walter Pardo tamén pedía “responsabilidade para seguir sendo un pobo exemplar” e espera que todo o mundo cumpra cas esixencias.
Hai dúas “jaimas” instaladas que serven de únicos punto de acceso, dende onde os traballadores de Prosegur, Protección Civil e Policía Local controlarán o aforo. Un aforo complicado de controlar, porque a marea varía moitísimo o espazo do areal na praia malpicá, e mesmo con marea alta apenas queda espazo para os bañistas.
En todo caso quedaron prohibidos os xogos colectivos, só se pode entrar con mascarilla, as fontes e duchas están pegadas e mesmo o Concello se formula a posibilidade de volver pechas áreas infantís e outras instalacións municipais.