Luns. 29.04.2024
El tiempo

O PSOE critica o gasto do remanente do goberno malpicán

Walter Pardo e Bernardo Rodriguez en Malpica
Walter Pardo xunto con Bernardo Rodriguez nun acto
O PSOE critica o gasto do remanente do goberno malpicán

A raíz do Suplemento de Crédito de 900.000€ aprobado no pasado pleno (cos votos a favor do PP e AIM, a abstención do BNG, e os votos en contra do PSOE) para o pago de facturas sen crédito no Orzamento anual (de preto de 6 millóns de euros), o PSOE malpicán vén de denunciar o gasto do goberno municipal nestes últimos anos. 

"Este goberno prácticamente acaba de fundir o Remanente de Tesourería (que eran os aforros que había ata o de agora nas arcas do Concello de Malpica)", denuncia Walter Pardo. "O goberno PP + Cañizo precisaron botar man do millo vello do cabazo", denuncia as 6 incorporacións de remanente aos orzamentos (entre elas 4 suplementos extraxudiciais de crédito) dende a moción de censura de 2022, superando os 3,2 millóns de euros.

O PSOE rexeita a necesidade a idea de subir os impostos. "Tanto os impostos como o carto público serven para mellorar a calidade de vida dos veciños/as e, en Malpica, de seguir este modo de xestión actual non vai ser así. Gástanse os aforros e vanse subir impostos sin que iso vaia repercutir mínimamente na mellora dos servizos públicos".

Comentarios