luns. 27.10.2025
El tiempo

O PSOE de Malpica pregunta pola apertura Centro de Dia de Buño

Centrode Dia de Buno
O PSOE de Malpica pregunta pola apertura Centro de Dia de Buño

O PSOE-PSdeG de Malpica denuncia que o Centro de Día situado na Casa do Oleiro en Buño segue sen abrir as súas portas a pesar de que as obras finalizaron en febreiro de 2022.

O voceiro socialista, Walter Pardo, lembrou que no mes de novembro de 2022 o alcalde, Eduardo Parga, anunciou na prensa que o servizo sería unha realidade a principios de 2023. “2023 todos sabemos que foi un ano de eleccións”, indicou Pardo.

Segundo o representante do PSOE-PSdeG, “xa pasou o ano 2023, xa pasou o ano 2024 e na xuntanza de maiores de 2025 o señor Parga volvía dicir que intentaría abrilo en setembro”. Pardo asegura que, chegado o mes, “o centro de día seguía sen abrir”.

Durante o pleno ordinario de setembro, os socialistas preguntaron de novo pola data de apertura deste recurso asistencial. Segundo explica Pardo, o alcalde contestou que “acababa de recibir os pregos de contratación para poder licitar o servizo e abrir o centro de día”.

O PSOE-PSdeG cuestiona, a partir desa resposta, a xestión realizada durante este tempo, “daquela, que nos estivo dicindo todos estes anos? Que ía abrir un centro de día sen o papeleo e os trámites oportunos para poder facelo?”, manifestou o voceiro municipal.

Máis novas

 

Comentarios