Martes. 22.10.2019
El tiempo

Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto

Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto
Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto

Vai case un ano dende o tráxico falecemento de tres persoas no porto de Malpica. E máis de 2 meses dende que a familia fixese entrega no Rexistro da Xunta de 10.000 sinaturas, esixindo medidas para mellorar a seguridade do porto malpicán. Mentres o proxecto se demora, os barcos seguen entrando a porto derrapando, xogándose a vida.

Onte, na Comisión 8ª do Parlamento Galego, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, explicou hoxe no Parlamento que o seu departamento vai instalar un radar no porto de Malpica que permita a medición real dos niveis de sobreelevación das ondas longas liberadas polos temporais e axude a valorar a axitación real do peirao para identificar os períodos nos que as ondas resultan resoantes e a súa amplitude.
Este novo dispositivo e os estudos que están a facer os técnicos de Portos de Galicia servirán para definir o proxecto definitivo para dar unha solución definitiva ao peirao de Malpica. .

A maiores da instalación do radar, a través de Meteogalicia inclúese no proxecto MarRisk un estudo para a análise das ondas longas do porto malpicán co obxectivo de diagnosticar a probabilidade de que se produzan e provoquen resonancia na dársena interior cunha antelación de 72 horas.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios