Luns. 14.06.2021
El tiempo

Reaberto o renovado parque infantil do casco urbano de Malpica

Restablecida a circulación para o tráfico rodado na rúa Igrexa logo de finalizar as obras de humanización
Parque Infantil pista Malpica1
Renovada a pìsta de Malpica
Reaberto o renovado parque infantil do casco urbano de Malpica

Despois de realizar o arranxo da pista deportiva, a instalación de varias placas de madeira e da reparación dos bambáns, así como nunha limpeza xeral da área, o Concello de Malpica acaba de reabrir o parque infantil do casco urbano.

O seu horario de uso será de 9:00 a 21:00 horas todos os días da semana. Coa súa reapertura incrementaranse as tarefas de vixilancia co obxectivo de evitar actos vandálicos e xuntanzas fóra das horas establecidas. Preténdese así velar polo conservación do parque e as condicións de seguridade para as persoas usuarias.

Parque Infantil de Malpica

Rúa da Igrexa

Así mesmo, volveu a circulación para o tráfico rodado na rúa Igrexa logo de que finalizaran totalmente as obras de humanización. A intervención, que contou cun orzamento de 85.500 euros, serviu para outorgarlle protagonismo ao peón fronte os vehículos.

Rúa Igrexa de Malpica

comentarios