Remolcado ao porto de Corcubión un pesqueiro de Malpica con problemas na hélice

14:17 05/03/25
Esta pasada noite, a embarcación Altair de Salvamento Marítimo tivo que remolcar ao cerqueiro 'San Adrián do Mar', con 10 tripulantes abordo, ao porto de Corcubión tras enganchar un aparello na hélice.
O centro de coordinación recibiu o aviso sobre as 23.50 horas deste mércores cando o barco se atopaba a 4 millas náuticas ao noroeste de Fisterra.