Luns. 06.05.2024
El tiempo

Rescatado con vida o tripulante do veleiro envorcado en Malpica tras 16 horas atrapado

rescata salvemento
Rescatado con vida o tripulante do veleiro envorcado en Malpica tras 16 horas atrapado

Eran as 20:00h do pasado luns cando un veleiro envorcaba preto de Malpica. Os corpos de Salvamento comezaban un operativo de busca acompañado da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Malpica, así como unha dotación do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Forons rescatadores de Salvamento que accederon ao veleiro a bordo doutras embarcacións tiñan indicios de que había unha persoa no interior. De feito, escoitaron os pequenos golpes que, desde dentro, o tripulante daba nas paredes do casco.

Os traxes especiais de protección, debido a que se trataba dun veleiro de competición, permitiron ao ocupante manterse con vida durante as 16 horas que permaneceu debaixo da embarcación.

Finalmente, o tripulante, un home francés, foi rescatado polos mergulladores e trasladado no helicóptero de Salvamento Marítimo ata o Aeroporto da Coruña, onde agardaba unha ambulancia.

Comentarios