Roubas as pedras do Muíño de Abellariza
06:26 12/01/16
Antes e despois da sustracción no Muíño de Abelerida de Malpica
Curioso roubo o que vén de denunciar o Concello de Malpica. O Muíño da Abellariza, na parroquia de Buño, preto do camiño de Santo Estevo, sufriu a sustracción das dúas pedras centenarias que facía de capa alta para moer.
A Policía Local xa se desprazou ata o lugar para facer un informe e realizar as xestións pertinentes ante as autoridades competentes. Aínda que o Muíño da Abellariza é de titularidade privada, dende o Concello buscarán aos responsables para manter vivo o legado e a conservación do patrimonio etnográfico local.
Muíño de Abellariza en Buño, Malpica
Fonte
- Concello de Malpica.