Satisfacción entre os profesionais trala I Mostriña Oleira de Nadal
07:56 11/12/23
Estreou a Asociación de Olería de Buño a I Mostriña Oleira de Nadal. E dende a directiva quedaron “moi contentos cos resultados”, pois o teleclub de Buño foi un fervedoiro durante toda a ponte.
O venres 8 abriu a exposición ao público, e con gran expectación xentes de toda a comarca quixeron descubrir as últimas novidades dos nosos oleiros.
A ponte estivo chea de actividades, como o concerto de panxoliñas do Coro de Buño do venres, a actuación de Iseo a Moura coa súa Apalpadora o sábado, e a gran presentación do documental “Povo de Barro”.
Máxima expectación para este traballo realizado polos carballeses Tucho Caamaño, Sara Costas, Manuel Esmorís, Jaime Regueiro e Elena Rey, que participaron na sesión explicando as razóns do proxecto.