Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Senda dos Faros de Malpica terá 14 km para unir o centro da vila con Punta Nariga

Reunion pola Senda faros malpica
Reunión no Concello de Malpica con José Manuel Pequeño
A Senda dos Faros de Malpica terá 14 km para unir o centro da vila con Punta Nariga

Hai un ano que a Deputación presentaba a Senda dos Faros, que conectará 7 vilas da Costa da Morte cos seus Faros (pechados). E abril adxudicábase a redacción dos proxectos, e pouco a pouco vanse convertindo nunha realidade.

Así o sinalaba onte o deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño Castro, que mantiña unha reunión co seu compañeiro, o alcalde de Malpica, Walter Pardo Añón, para analizar os detalls da senda ciclista que unirá o centro de Malpica co Faro de Punta Nariga.

Estando así en fase de redacción, a xuntanza serviu para analizar os itinerarios por onde vai pasar a senda, para ver se é necesario facer pequenas modificacións do proxecto. O de Malpica, concretamente, serán 14 quilómetros e discorrería na súa maior parte polas marxes da estrada provincial.

11 faros, 7 da Costa da Morte

Os faros obxecto do proxecto serán os de Estaca de Bares (Mañón), Cabo Ortegal (Cariño), Punta Frouxeira (Valdoviño), Punta Nariga (Malpica), Punta Insua (Laxe), Cabo Vilán (Camariñas), Cabo Touriñán (Muxía), Fisterra, Cabo de Cee (Corcubión), Lariño (Carnota) e Punta Queixal (Muros), nos que se deseñarán un total de 59,6 quilómetros de itinerarios de sendas ciclistas apoiados na rede viaria existente e cun ancho aproximado de 2 metros.

Novas relacionadas

Comentarios