Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Serj pasa á final do concurso de bandas do Nordestazo

Serj pasa á final do concurso de bandas do Nordestazo
Serj durante a sua actuacion nos premios foucino de Baio Serj durante a sua actuación nos premios Fouciño de Baio O vimiancés Serj, os rockeiros Blunk, Reino Animal, Diario de Verano e Mar de Fondo son os cinco finalistas do concurso de bandas posto en marcha polos organizadores do Nordestazo. Os finalistas demostrarán o seu talento en directo o vindeiro sábado, día 9, no Playa Club da Coruña, nun concerto no que o público e o xurado elixirán as dúas bandas gañadoras e que pasarán a formar parte do cartel do Nordestazo 2016 do que xa se coñecen os principais grupos. Este concurso de bandas emerxentes, que se puxo en marcha no mes de maio grazas á colaboración de Estudios Mans, busca atopar talento entre as bandas de pop-rock que están comezando a súa andadura.

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Fonte

Comentarios