Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O surf como vehículo medioambiental para a rapazada

A Deputada Rosa Ana Garcia Lopez co Surfing
Presentación celebrada en Malpica
O surf como vehículo medioambiental para a rapazada

A Confraría de Pescadores de Malpica acolleu onte a presentación do programa medioambiental “Defende o mar a través do surfing”, unha iniciativa desenvolta pola entidade Surf and Clean que conta co apoio da Deputación, que trata de achegar á rapazada da provincia a importancia de coidar o noso medio mariño.

Este ano serán centros de ensino de 8 concellos da comarca (A Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Vimianzo, Zas, Camariñas, ademais dos de Mugardos, Miño, Valdoviño e Ferrol) os que disfruten deste programa como explicaban na presentación celebrada onte na confraría de Malpica.

Serán 1.400 os nenos que teñan ese achegamento a este deporte tan tremendamente san fomentando valores como a concienciación ambiental, realizando limpezas en 50 praias.

Presentacion aprendendo co Surfing Malpica
A deputada Rosa Ana García López

“Todas e todos podemos pór o noso pequeno grao de area para coidar do mar e as praias e iso é o que aprenden os alumnos e alumnas que participan neste programa que desde hai catro anos conta co apoio da Deputación da Coruña”, subliñou a deputada responsable de Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García López, que felicitou á entidade Surf and Clean polo seu traballo de sensibilización.

O responsable do proxecto, David Blanco, destacou a importancia de concienciar aos escolares de manter o noso patrimonio natural cunha iniciativa que tenta chegar aos concellos rurais con menos habitantes, “coa intención de transmitir a importancia de conservar o noso medio mariño, que é parte fundamental da nosa cultura”.

Ferramentas educativas

O proxecto conta con varias ferramentas, como unha plataforma en liña con exercicios vencellados ao mar, e outra chamada “O encontro”, que a lenda dunha orca que pide auxilio a unha embarcación pesqueira. “Unha situación que recentemente se deu nas nosas costas polo que aínda que se trata dun conto sabemos que existen este tipo de casos constatados polos biólogos mariños do CEMMA”, apunta David Blanco. A intención desta ferramenta e concienciar aos escolares, concellos e colexios da importancia de conservar o medio e as especies que o habitan.

Máis novas

Comentarios