Martes. 23.04.2024
El tiempo

Triple cita ca obra poética e salgada de Viki Rivadulla

Triple cita ca obra poética e salgada de Viki Rivadulla
Mostra de Viki Rivadulla no Festiletras

Xa botamos un ollo ao espectacular programa do Festiletras,unha das citas mais importantes en toda Galicia co galego das Letras Galegas. E unha das actividaeds ten como protagonista a unha artista muxiá. A colaboradora desta casa Viki Rivadulla estreará unha mostra de pintura que serve de homenaxe a Rosalía de Castro, no marco do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Pero sobre todo, a mostra é unha homenaxe ás mulleres, demostrando unha vez máis a súa loita continúa polo recoñecemento da muller, como segue a facer dende a súa Sala do Perello.

A Mostra "Non cantes, non chores..." vai estar exposta na sede Fundación Eduardo Pondal dende o día 12 ata o 19 de maio, aínda que a presentación farase o día 18 ás 18:00 horas dentro duns actos de homenaxe a Rosalía.

Pero este mes poderemos coñecer a arte de Viki por partida triple. A relación entre as mostras de Viki e a poesía son evidentes, e de aí a coincidencia da súas exposicións. I é que ademais da mostra pontecesá, paralelamente a mostra "O meu mar", de pintura e escultura estreada en Carballo, viaxa a Malpica e estará alí dende o día 4 de maio ata o 31, no Centro Social e coa organización da Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica. A inauguración será inaugurada o sábado 4 de maio ás 20:00 coa presencia dos poetas Paco Souto, Paco de Tano, X. H. Rivadulla Corcón e Suso Bahamonde.
"Malpica é un lugar idóneo para esta mostra, pois é unha vila que conserva a súa esencia mariñeira, esa mesma que reivindica a autora", explica Viki. A mostra está organizada por Caldeirón e o Concello de Malpica.

Mostra de Viki Rivadulla O Meu Mar en Malpica Exposicion de Viki Rivadulla en A de Lolo

E por se fóran poucas as posibilidades de coñecer esta brava muxiá que levaba uns anos agochando a súa arte, Viki exporá os seus debuxos "Do viño á poesía..."no Restaurante A de Loló, de Muxía.
Esta é unha mostra de debuxos feitos a tinta e viño. Cada debuxo leva, a modo de cita, un fragmento dun /unha poeta galego/a no que se nomea o viño, ou algo que evoque o mundo do viño. Os debuxos van en tinta negra sobre branco, tal como se escribe a poesía e a nota de cor póñena as manchas de viño tinto que forman parte dos debuxos. É unha forma de unir a poesía e o viño, xunto cos debuxos ,xa que eses días van estar unidas de feito, pois a mostra vaise inaugurar o 17 de maio e no mesmo acto haberá unha degustación de viños D.O. Valdeorras, das Bodegas Virxe de Galir. Ao día seguinte repetirase a degustación de viños.

Ademais o restaurante A de Loló, ofrecerá un menú especial denominado “Da poesía e o viño…” para os días nos que estea a mostra de debuxos nas súas instalacións (concretamente do 17 de maio ao 17 de xuño).

Os autores, cuias citas acompañan os debuxos son: Uxío Novoneyra, Manuel María, Bernardino Graña, Victorino Abente Lago, Rosalía De castro, Miro Villar, Chelo Suárez, Helena Villar, X. H. Rivadulla Corcón, Alexandre Nerium, Mª Xosé Queizán, Gonzalo López Abente, Rosalía Fernández Rial, Suso Bahamonde, María Lado, Paco Souto, Paco de Tano, Mª do Carme Krukenberg, Isidro Novo e Avilés de Taramancos

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla na Sala do Perello

Fonte

Comentarios