Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Un canto á Arte efímera do Concurso de Barcanas e Castelos de Area de Malpica

Un canto á Arte efímera do Concurso de Barcanas e Castelos de Area de Malpica
Participantes Concurso Castelos de Area de Malpica 2018 Participantes do Concurso Castelos de Area de Malpica 2018

As Festas do Mar de Malpica déronse esta fin de semana co éxito asegurado. Unhas festas completísimas que sempre arrincan a golpe de venres co tradicional Concurso de Barcanas e Castelos de area, que este ano celebraba nada menos que a súa 18ª edición.

Foron un total de 22 creacións as que invadiron a praia de Area Maior, destacando unha calidade de moitas das pezas de arte efímera. Tivérono complicado os membros do xurado, formado por representantes do Concello de Malpica e da Asociación de Amas de Casa, para escoller os gañadores.

1 PREMIO Concurso Castelos de Area de Malpica 2018 O megalodrilo foi o 1º premio Concurso Castelos de Area de Malpica 2018

Finalmente o primeiro premio recaeu no “Megalodrilo”, unha especie de cocodrilo xigantesco, que superou á “Tartaruga mariña”. O terceiro foi para “Salamanquesa”, outro réptil moi logrado.

2º Premio 3 premio

Na categoría de Barcanas, a mellor foi a do grupo denominado Mariñeiros, mentres que o infantil acadouno o “Calamar” do equipo Burbujas. Polo que se refire ao premio especial do público, os votos depositados na urna outorgáronllo ao equipo Construccións Malpica polos seus “Pulpos con Sisargas y Barcana”.

Todos os galardoados recibiron unha peza de Olería de Buño e os tres primeiros, ademais, premios en metálico. Así mesmo, para todos os nenos e nenas participantes houbo doces.

https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/566183333801483/?t=4

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-finde-de-castelos-de-area-verbena-e-mar-en-malpica/ https://quepasanacosta.gal/as-procesions-maritimas-do-carme-a-xoia-etnografica-esquecida-polos-roteiros-turisticos/ https://quepasanacosta.gal/os-castelos-de-area-invadiron-a-praia-de-malpica/

Comentarios