Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha de tesouros culturais e alma dun pobo mariñeiro

Unha de tesouros culturais e alma dun pobo mariñeiro
Marineiros un dia sen mar na Malpica dos 1950-Foto recuperada por Adrian Abella

A verdade é que o Facebook ten cousas regulares. Pero tamén nos permite recuperar e espallar historias que senón quedaría no caixón dunha vella casa abandonada. O de viaxar no tempo a través da rede é espectacular. Xa buceamos polo Grupo Fillos de San Marcos, polo I Love Muros, polo proxecto Carballo na Memoria ou o de Ponte na fala.

Hoxe imos ata Malpica, onde o veciño Adrián Abella saca do seu caión un par de postais que poderían ser perfectamente de cine.
Arrincamo nos anos 1950 (segundo lle apuntou José de Eulogia "Castelao"). E cóntanos como "nos días de temporal no mar, agardaban na "Calle", entre as bucetas e lanchas polo bo tempo para saír ó mar".

Podemos ver diante dunha lancha (de remo e vela), na porta de Ramón de Asunción (hoxe, "A Casa da Santa"), os 4 á esquerda: Olegario (fillo), Indalecio "Villaverde", Enrique "Ardeleiro" e Enrique das Roxas. Os 4 enriba da lancha eran Manjón, Antón de Seixarro, Pepe de Melaco e Cativo. Os 4 sentados na lancha serían Pepe da Cangrexa "Caimán", Bernucho, Nicolás de Matilde e Anselmo da Capellana "Pucheiros". Os 4 de pé, Ramón de Asunción "Costa Brava", Manolo da Capellana, O Tío Blanco e Rabeliño ou Chicote. E os dous 2 agachados, Culacho e Pepe da Camariñana.

Aí é nada, menuda recuperación histórica, tanto fotográfica, como da antroponimia da zona, i é que eses alcumes son cultura en si mesma.

Por 1966

Marineiros de Malpica no 1966-Foto de Foto Blanco recuperada por Adrian Abella

Adiantámonos ata a Malpica de 1973. Unha imaxe de Foto Blanco (según Xurxo Alfeirán Chouciño)vcon "gran forza artística", cun marabilloso equilibrio "renacentista". o propo Abella destaca ese "contrapeso" do descomunal Olegario, e de Marcelino de Goiáns e José de Julia, grandes e pacíficos. Co Caifás e Recho. Coas miradas dividindo ó grupo de 8 da esquerda (Frenxa, Michilín, Antonio de Graña e Evaristo do Botero (mirando para a cámara). E os que miran cara á dereita da foto (Sanjuán e Celestino da Mariana (de perfil) seguindo a conversación, Quirico ensimismado, e Chucho de Graña (tamén de perfil) coa mirada fora da escea.

"Só quedan entre nós Jesús Graña Blanco e Evaristo Pombo Souto", lembra Abella, devolvéndonos atrás no tempo a través da rede.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios