Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Unha ferida de gravidade tras un accidente en Cerqueda

Unha ferida de gravidade tras un accidente en Cerqueda
Unha muller resultou ferida de gravidade tras un accidente acontecido esta mañá de domingo (arredor das 9:00h) na AC-418, a estrada que une Malpica e Carballo, á altura de Cerqueda. A persoa ferida é a conductora do vehículo que sufría unha saída de vía saíndo despedida do vehículo. Do vehículo saía fume do radiador pero non houbo incendio. Os profesionais sanitarios atenderon á muller, que presentaba lesións importantes nos brazos e nas pernas. Co fin de descartar máis feridos, os equipos de emerxencias revisaron arredor do vehículo e, de momento, non localizaron máis ocupantes. Cómpre sinalar que neste operativo participaron os Bombeiros de Carballo, membros do GES de Ponteceso, voluntarios de Protección Civil de Malpica e axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Comentarios