Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Aparece en Badaxoz a rapaza de Malpica desaparecida dende o luns

Aparece en Badaxoz a rapaza de Malpica desaparecida dende o luns
Xa apareceu Brenda Bardanca, a rapaza de 15 anos e con enderezo na vila de Malpica que faltaba na súa casa dende o pasado luns. A moza apareceu en Badaxoz. E foi ela mesma a que se presentou ante a Policía. Arredor das 16:00h do luns, a nai da rapaza recibía unha mensaxe no móbil na que a rapaza explicaba que voltaría á casa despois de rematar de facer uns exames, pero Brenda non voltou, e semella que tomou o camiño contrario. Segundo declaracións do pai, Antonio Bardanca, á TVG, “ás cinco da tarde aínda non aparecera. Chameina ao móbil e estaba desconectado. Despois soubemos que colleu un autobús de Malpica a Ponteceso e alí preguntou por horarios de autobuses cara A Coruña e sabemos que colleu outro autobús”. O pai laiouse da desaparición e dixo que nada lles fixo sospeitar da desaparición de Brenda. Segundo Bardanca, o luns pola mañá foron xuntos ao Aeroporto de Alvedro para despedir a unha curmá e despois a rapaza foi facer os exames”. Colaboración Nin familiares nin amigos coñecían o que acontecera nin onde podería estar Brenda. O pai agradeceu á toda a xente que colaborou para atopar á rapaza. No momento da desaparición Brenda vestía un pantalón pitillo de cor azul escuro, chaqueta negra con estelas brancas e unha camiseta beige. Segundo a familia, a rapaza non podía estar moi lonxe, xa que levaba únicamente uns vinte euros na carteira. Aínda que demostrouse que non foi así. Ao final, a historia tivo final feliz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios