Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O varamento dun golfiño en Malpica serve de improvisada sesión formativa

Golfino varado en Malpica-FotoCEMMA
Complexo operativo para transportar ao golfiño finado en Malpica-FotoCEMMA
O varamento dun golfiño en Malpica serve de improvisada sesión formativa

Ata Malpica desprazáronse este luns varios membros do equipo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), trala localización, coa primeira luz do día, dun golfiño varado no areal. Protección Civil e da Policía local de Malpica, especialmente Rubén, fixeron todo o posible por reintroduclo á auga, pero foi imposible facer algo para salvarlle a vida.

Finou, pero serviu para que o CEMMA collesen mostras biolóxicas para a Rede de Varamentos de Galicia (que aporta valiosa información sobre o seu estado de saúde), e así mesmo serviu de actividade formativa para novos equipos. Andrés, do Grupo Naturalista Hábitat, xunto coas estudantes de Erasmus+ Irene Alterini e Federica Cottini, así como Xosé Manuel Menéndez e Eva Cameán, da Asociación Ambiental Senda Nova, participaron na sesión formativa improvisada.

Novas relacionadas

Comentarios