Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Buño denuncia un vertedoiro incontrolado de residuos que pode afectar ao depósito de auga

Vertidos en Buno
A veciñanza de Buño denuncia un vertedoiro incontrolado de residuos que pode afectar ao depósito de auga

A veciñanza da Asociación Sociocultural de Viciños O Quinteiro de Buño quere denunciar uns continuos vertidos de lixo que levan sufrindo no lugar. Trátase dun vertedoiro incontrolado de lixo como resultado da práctica de queima ilegal de moitos resíduos. Unha práctica que se realiza ademais a carón do depósito de San Antonio que abastece de auga ós veciños de Buño.

”Queremos chamar a atención sobre un problema que levamos sufrindo dende hai dous anos e que, a pesar de facer partícipes ós concellos implicados, non conseguimos ningunha solución”, sinalan dende a entidade.”É inevitable que os fumes tóxicos como resultado das queimas afecten ós respiradeiros propios do depósito, constituíndo isto un grave problema de salubridade”.

Comentarios