Martes. 15.10.2024
El tiempo

O voluntariado tamén limpa a praia de San Miro

LImpeza da praia de San Miro con Limpocean
O voluntariado tamén limpa a praia de San Miro
Como fixeron en Seaia e mais en Seiruga, un grupo de voluntari@s coordinados pola asociación LimpOcean, participou este pasado sábado nunha  limpeza na praia de San Miro, en Malpica.


Aínda que parecía que ía ser unha tarefa doada porque estamos en outono e as praias non están moi concorridas, non foi así. No areal non había obxectos de plástico moi grandes, pero tal foi a cantidade de lixo pequeno e microplásticos que aos voluntarios levoulles máis tempo do esperado limpar este pequeno paraíso malpicán.

Ao remate da recollida do lixo, o Concello de Malpica levoulles unha pequena merenda. Esta actividade atópase dentro do proxecto #MalpicaSenPlásticos.

 

Comentarios