Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Volve Malpica Sabe a Mar ampliando a ruta e horario das tapas

malpica sabe a mar
Imaxe do cartel
Volve Malpica Sabe a Mar ampliando a ruta e horario das tapas

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar celebrará esta fin de semana a súa segunda edición do 2019. Despois do éxito acadado en maio, a Concellaría de Promoción Económica e o sector hostaleiro repiten dende o venres 27 ata o domingo 29 esta iniciativa, que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: o turismo, a pesca e a olería.

Nesta ocasión, ampliaron a ruta coa incorporación de dous novos establecementos. Deste xeito, serán noves os establecementos participantes: Restaurante O Burato, Café Bar Ybarra, Café Bar JB, Restaurante San Francisco, Larada Bar, Bar O Pescador, Bar Santiago Apóstol, Bar Dársena e O Cornecho de Tano. Deste xeito, tamén se ampliou o horario, que será o venres de 20.00 a 23.00, o sábado de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 e o domingo de 12.00 a 15.00. O prezo das tapas será de 2 euros, e con cada unha entregaráselle ao cliente un boleto que lle permitirá obter premios directos, como mochilas isotérmicas, gorras e outras sorpresas.

Malpica Sabe a Mar pretende diferenciarse doutras propostas semellantes incluíndo os produtos pesqueiros como ingrediente de todas as tapas, o que permite, por unha banda, poñer en valor o produto local e o sector pesqueiro, e, por outra, fomentar a innovación e a creatividade na elaboración de produtos de consumo tradicional. O terceiro elemento que incluiría a ruta sería a olería, xa o Ecomuseo do Forno do Forte achegará os pratos artesanais para servir as tapas.

malpica_sabe_a_mar

Comentarios