![primeiros-axulios-area-maior-malpica]()
Brais Ruibal e Arantxa Lara López impartiron o curso de primeiros auxilios que tivo lugar o pasado domingo en Malpica
A actividade non cesou durante a mañá do pasado domingo na praia Area Maior de Malpica. Éste foi o escenario dunha xornada sobre primeiros auxilios organizada polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo - GIAAS - coa colaboración do concello e de Protección Civil de Malpica, e impartida por Brais Ruibal, que foi socorrista en Malpica entre os anos 2010 e 2016, e Arantxa Lara López, enfermeira de Madrid que veranea na vila.
Ao longo das máis de dúas horas que durou a xornada, á que se sumaron un bo número de persoas, os expertos falaron sobre a cadea de supervivencia, a valoración primaria, a posición lateral de seguridade, a RCP en adultos, nenos e persoas afogadas,
a colocación e uso dun desfibrilador externo automático e o protocolo de actuación ante un caso de atragoamento.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica