Yate de Luxo Varado na Praia de Malpica

14:56 30/08/13
Na tarde de onte, sobre as 19:30 da tarde ocurria un suceso inédito na praia de Area Maior de Malpica, un Yate de Luxo varou na praia despois de que este tivera unha fuga de auga que fixo que o Patrón do Yate ante o inmente perigo que corrian, decidise levar o seu Yate a toda velocidade a praia, antes de que ocorresen danos maiores. Unha vez que varou os dous ocupantes do Yate moi nervisos e asustados polo acontecido foron rescatados polos Socorristas e Surfeiros da Praia de Malpica onde se encontraban realizando as suas actividades.
A sorte foi que uns intres antes do suceso había uns rapaces nunha escola de Surf que xa remataran as clases e xa non se encontraban no lugar do accidente. Unha vez que foron rescatados o Patrón do Yate un home Inglés de uns 50 anos e a sua parella, o Remolcador procedeu a retirar a embarcación da praia e levala para o Embarcadoiro de Malpica. Non houbo danos maiores que os destrozos do barco.
