As Zoquiñas Vermellas achegan a igualdade aos centros educativos
Días estranos para a Asociación Oleira de Buño, xa que aos novos proxectos interponse a enfermidade do Antonio Pereira "O Rulo", o ex-presidente da Asociación. Onte xa volvía para a súa casa despois de sufrir unha indisposición coronaria, e @s seus compañeir@s esperan que a súa recuperación sexa inmediata.
A entidade tamén quere amosar o seu pesar polo pasamento, o pasado venres 19, de Manuel Faya Puñal, fundador da tenda de alfarería "Faya". Actualmente rexentada por unha das súas fillas é unha das tendas que máis anos leva coas súas portas abertas ó público vendendo Olería de Buño.
Zoquiñas Vermellas
Mentres, a entidade conta que a exposición itinerante Zoquiñas Vermellas, xuntos cos obradoiros de olería e igualdade nos centros educativos, están todas reservadas para o que resta de curso escolar.
Estarán nunha manchea de colexios:
- Do 7 ó 22 de abril~ IES LAXEIRO (Lalín).
- Do 26 ó 30 de abril~ CEIP ALBORADA ( A Coruña).
- Do 3 ó 10 de maio~ CEIP JOAQUÍN RODRÍGUEZ OTERO (Buño).
- Do 11 ó 28 de maio~ IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA (Baio).
- Do 1 ó 8 de xuño~ CPI ALCALDE PICHEL (Coristanco).
- Do 9 ó 18 de xuño~ IES ARZÚA (Arzúa).