12,5kg de rodaballo, marca histórica da Lonxa de Laxe

07:05 05/01/18

Marisco
Pola contra, o percebe, despois de rematar o ano grandes prezos, estivo pechado varios días polos temporais. E hoxe a Xunta anunciou que este 6 de xaneiro pecha a campaña de captura da nécora e do santiaguiño. O calendario aprobado pola Xunta no Plan Xeral de Explotación Marisqueira do 2018 establece que a actividade de extracción da nécora estará pechada ata o día 1 de xullo e a do santiaguiño ata o 1 de outubro, datas nas que empezará a súa campaña extractiva.Dende o 2 de xullo de 2017, día desde o que estivo autorizada a extracción da nécora, vendéronse nas lonxas galegas máis de 133 toneladas desta especie por un importe total de máis de 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e nesta etapa vendéronse en lonxa preto de 1.000 quilos desta especie por valor de máis de 66.400 euros.
Fonte
- Redacción de Óscar de Souto.