A Feira Náutica de Camariñas segue recadando apoios na Costa da Morte emais en Francia

07:25 28/05/18

Segue adiante a II edición da Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2018). As inscricións de empresas e entidades para asistir a este evento náutico na Costa da Morte segue aberto ata o 9 de xuño. Agora mesmo se está pechando acordo con empresas, entidades e institucións co fin de perfilar a lista final de expositores e entidades colaboradoras, e preparar a distribución más adecuada para os participantes e a propia Feira Náutica.
A organización de FENAUCAM 2018 dispón dunha oficina central en París, para contactar e atender as solicitudes de empresas francesas interesadas en acudir a este evento e que xa podemos dicir ten un carácter internacional. Ata xa hai acordos de importantes marcas para acudir á 3ª edición que tendrá lugar en xuño 2019 e cunha duración presumiblemente de 4 deías. O Club Náutico pide a colaboración de institucións locais e comarcais, entidades de diverso índole, como xa é o caso do CMAT e museos da Costa da Morte, ademais do apoio económico da Diputación da Coruña, Consellería do Mar e Abanca para que este importante evento xa de carácter internacional poida seguir crecendo e sumando nesta 2ª edición e cun gran futuro para ser un referente náutico a todos os niveis nas seguintes edicións.Na zona contigua a carpa do evento, existirá zona especial para exposición de embarcacións, onde xa hai distintas firmas de Galicia e ata de Francia. Entre elas haberá unha simbólica exposición de fósiles.