Luns. 14.10.2019
El tiempo

A Garda Civil intervén 257 kilos de marisco ilegal na bisbarra

A Garda Civil intervén 257 kilos de marisco ilegal na bisbarra
Comiso de marisco na Costa da Morte Comiso de marisco na Costa da Morte Con motivo da campaña de prevención do furtivismo na época do nadal e durante os controis realizados pola Garda Civil nos últimos días destinados a tal fin, a PAPRONA de Corcubión procedia á aprehensión de 257,2 kilos de marisco extraído ou transportado de maneira ilegal. Os decomisos producíronse na zona de Camariñas, Corcubión, Praia do Ézaro e Carnota. A aprehensión da totalidade do marisco realizouse de duas formas. Por unha banda, no transcurso de varios servizos que consistiron na vixiancia do litoral, onde se puido detectar, segundo o instituto armado, a extracción ilegal de 34 kilos de ourizos, 51 kilos de berberechos e 1,2 kilos de angula mariscados por persoas carentes da correspondiente titulación expedida pola Xunta de Galicia para realizar este tipo de actividades. Por outro lado, controis na estrada, onde se comprobou e posteriormente se procedeu á aprehensión do transporte irregular de 111 kilos de centola, 43 kilos de nécora, e 17 kilos de santiaguiño que carecían da correspondente documentación para o seu transporte.

A ría de de Muros e Noia tamén foi escenario de distintos operativos nos que se comisaron arredor de 147 quilos de peixe e marisco, 15 útiles e 5.000 metros de artes de enmalle. Un deles, na enseada de Abelleira (en Muros), saldouse coa incautación de 20 quilos de centola e 2.000 metros de artes de enmalle, debido a que todo estaba sen identificar.

A Garda Civil temen recorda que durante o trascurso das festas navideñas seguirá activa a campaña e os controis encamiñados a detectar o tránsito e extración ilegal de marisco.

Comentarios