![A praia de Sardiñeiro volve ter augas de calidade Excelente]()
A praia de Sardiñeiro volve ter augas de calidade Excelente
A semana pasada a
Axencia Europea de Medio Ambiente publicaba o seu informe sobre a calidade das augas de baño, avisando das 7 praias nas que non nos debemos bañar este verán. Entre elas, das 65 praias analizadas, o 80% son de calidade excelente, pero hai unha serie de excepcións, sendo as de
Ligunde (Camariñas) e
Arnados (Carballo) as únicas que rozan o insuficiente coa nota de
Suficiente (a carballesa mellora en todo caso, pois viña ser catalogada como insuficiente o pasado ano).
Das 7 praias, as ceesas de
Estorde e Lires son as únicas, xunto a
muradá Virxe do Camiño, que aínda forman parte do censo, unha vez que as da
Concha (tamén en Cee);
Area da Vila e Camelle (Camariñas) xa están fora do censo por ter máis de 5 anos a catalogación de calidade insuficiente para o baño (só volverán ao censo cando se fagan actuacións de saneamento na contorna).
Queda a praia de
Sardiñeiro, en Fisterra, que
aínda está fóra do censo. Pero o Sergas explica que a pesar de ter sido retiradas do control sanitario en 2016 por obter 5 anos consecutivos calidade Insuficiente,
volveu ser controlada por mor das obras de mellora.
A boa nova e que augas de Sardiñeiro volve ter a clasificación de excelente.
Unha demostración de que actuacións en materia de saneamento dan os seus resultados, pois Fisterra leva anos traballando na mellora da súa rede.
5 praias costeiras na “Rede Galega de Praias sen Fume”
![Praias sen fume na Costa da Morte]()
Son varias as praias costeiras que forman parte desta “Rede Galega de Praias sen Fume” nas cales non se pode fumar en todo o areal, nun programa de adhesión voluntario con fin educativo, de promoción da saúde e protección do medio ambiente. A tempada de baño empeza o 1 de xuño e dura ata o 30 de setembro.
As praias costeiras son a praia de Arou e de Lingunde (Camariñas), a praia de Quenxe e o portiño de Santa Isabel (Corcubión), e a praia da Cruz (Muxía),
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-7-praias-da-costa-da-morte-onde-non-te-debes-banar-este-veran/