Venres. 19.04.2024
El tiempo

As 7 praias da Costa da Morte onde non te debes bañar este verán

As 7 praias da Costa da Morte onde non te debes bañar este verán
A praia da Concha xa esta excluida do censo e de calidade insuficiente para o bano de xeito permanente A praia da Concha, en Cee, xa está excluída do censo e de calidade insuficiente para o bano de xeito permanente A cara B das Bandeiras Azuis nos areais costeiros chega no informe anual da Axencia Europea de Medio Ambiente sobre a calidade das nosas augas. E outro anos máis, as novidades son bastante negativas, agás no caso das praias de Arnados-Razo, en Carballo, que este ano recuperan a catalogación de praia de calidade suficiente para o baño. Se o ano pasado eran 4 as praias nas que a Axencia non recomendaba o baño, este 2018, este ano repiten 3, pero a estas hai que sumarlle outras 4 que xa están exluídas do censo, por levar máis de 5 anos sufrindo análises negativas, e nas que nin sequera se realizan medicións ata que non se tomen medidas de saneamento. Como recolle o portal GCiencia, neste 2018, as praias de Lires e Estorde (Cee), e a de Virxe do Camiño (Muros) volven ter augas de calidade insuficiente para o baño. As que xa levan máis de 5 anos tendo esta catalogación e polo tanto nin entran nas análises son as praias de Camelle e Area da Vila (Camariñas), Sardiñeiro (Fisterra), A Concha (Cee). Compre destacar que son os Concellos de Cee e Camariñas os máis presentes na lista de toda a costa galega.

As causas

praia de lires non saudable Xa van 4 anos nos que a praia de Lires ten augas de calidade insuficiente A falta dunha efectiva rede de saneamento é unha das claves para que estas praias sigan dando estas análises, pois son os vertidos de augas residuais e/ou fecais, tamén procedentes da agricultura e gandeiría ademais de das propias casas, as que provocan a aparición de bacterias fecais nas augas costeiras. Hai outras circunstancias, como a presencia de piscifactorías e outras industrias, que tamén inflúen nestas análises. Compre estar atentos a casos como o de Lires, que xa é o 4º ano con esta catalogación e se repite o vindeiro 2019 entraría xa la listaxe de praias excluídas do censo e pechadas permanentemente ao baño. A pesar de ter feito este ano unha posta a punto da depuradora, non parece que sexa suficiente para arranxar o problema. Ademais, que o problema non radica unicamente na depuradora, se non moi probablemente en augas que se verten aos cauces fluviais sen tratar. O caso de Estorde é singular. Como contabamos a comezos de ano, en apenas 7 anos pasou de Bandeira Azul a ver como a auga é de calidade insuficiente. En 2012 as augas eran de calidade Boa, en 2013 e 2014 pasaron a ser de calidade Suficiente, e nos 3 últimos anos xa é de Calidade Insuficiente. Rego creado na praia de estorde-Foto-@EstordeMo Rego de augas residuais creado na praia de Estorde nos últimos anos-Foto-@EstordeMo

Praia a Praia

Das 65 praias da Costa da Morte analizadas no mapa da Axencia Europea de Medio Ambiente, 53 areais (o 80%) son de augas de calidade Excelente (as catalogacións son Excelente, Boa, Suficiente e Insuficiente). As excepcións (ademais das 3 de calidade insuficiente e das das 4 praias que están fóra do censo) son:
  • Praia Arnados (Carballo): Augas de Calidade Suficiente.
  • Praia Arnela (Corme-Ponteceso): Augas de Calidade Boa.
  • Praia de Ligunde (Camariñas): Augas de Calidade Suficiente.
  • Praia de Ariño (Camariñas): Augas de Calidade Boa.
  • Praia de Nemiña (Muxía): Augas de Calidade Boa.
  • Praia de Quenxe (Corcubión=: Augas de Calidade Boa.
  • Praia de San Pedro (Pindo-Carnota): Augas de Calidade Boa.
  • Praia do Cabo (Muros): Augas de Calidade Boa.
  • Praia da Rocha (Muros): Augas de Calidade Boa.

Novas 2016

https://quepasanacosta.gal/catro-praias-da-costa-da-morte-suspenden-na-calidade-das-augas/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/10-praias-2-sendeiros-e-2-portos-da-costa-da-morte-luciran-bandeira-azul-este-veran/ https://quepasanacosta.gal/a-praia-de-estorde-de-bandeira-azul-e-balsa-de-lixo/ https://quepasanacosta.gal/os-actores-involucrados-debatiron-sobre-o-saneamento-e-contaminacion-organica-do-mar-ante-unha-gran-expectacion/ https://quepasanacosta.gal/a-praia-de-lires-pechada-ao-bano-pola-contaminacion-da-piscifactoria/ https://quepasanacosta.gal/fotofesdeita-a-praia-da-concha-a-vergona-dunha-comarca/

Fonte

Comentarios