Venres. 26.04.2024
El tiempo

As algas son en Camariñas o encaixe do mar

As algas son en Camariñas o encaixe do mar
algas-camarinas

Xa triunfaron o ano pasado, e este ano, os empresarios de Camariñas volven apostar polas verduras do mar, un dos tesouros menos aproveitados do noso mar. Un manxar que engrandece o filme Sicixia pero que na bisbarra aínda temos por explotar. De aí a importancia destas xornadas de exaltación gastronómica, para que nos decatemos da súa importancia.

Deste xeito, do 8 ao 11 de decembro, os establecimentos de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Caviña terán tapas e menús elaborados con algas, nas II Xornadas Gastronómicas Algas en Camariñas “O Encaixe do mar”.

Participarán os seguintes establecimentos:

  • En Camariñas: Arnela, A Ría, As Vegas, Ave del Mar, Club Náutico, La Marina, Gaivota, Meu Lar, Moleda, Oasis, O Bico, O Cubeiro, O Percebe, Playa, Stella de mare, Victoria e Villa de Oro.
  • Na Ponte do Porto: Cun k Café, A Tavernetta, Xunqueira, Brasil.
  • En Camelle: A Molinera, A Murlla, O Marítimo.
  • En Xaviña: Pastelería Artesá Silvia Muñoz.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios