As praia de Arou e 3 areais pontecesáns amplían a 10 as Bandeiras Azuis da Costa da Morte


A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor vén de emitir os resultados que outorgan as famosas Bandeiras Azuis ás praiuas e aos portos mellor coidados do estado. E coma sempre, é un no reflexo do traballo dos Concellos por promocionar os seus areais, en definitiva, o seu sector turístico.
Este ano temos novidades. Mantéñense ás 6 Bandeiras do ano pasado (Saíñas e Pedra do Sal, San Francisco, Ézaro, Langosteira e Laxe). E a entidade vén de sumar 4 novas, facendo boa á aposta do Concello de Ponteceso polos areais. Unha é a praia de Arou en Camarñas, pero é que as outras tres son no Concello pontecesán: Praia de Valarés, e as cormelás praia da Ermida e praia do Osmo.
Bandeiras Azuis da Costa da Morte 2017
- Carballo: Saíñas e Pedra do Sal.
- Muros: San Francisco.
- Dumbría: Ézaro.
- Fisterra: Langosteira (zona norte).
- Camariñas: Arou.
- Laxe: Laxe.
- Ponteceso: Balarés, Ermida e Osmo.
2 Portos Deportivos
Se o Club Náutico de Camariñas xa é un clásico da Bandeira Azul, este ano estrea cor o Porto de Muxía, conderado polo seu bo traballo durante estes cursos.
Novas relacionadas
- 2016: A Costa da Morte mantén as súas 6 bandeiras azuis.
- 2015: San Francisco xa luce a súa bandeira azul
- 2015: 6 praias da Costa da Morte lucirán a Bandeira Azul este verán.
- 2014: 6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte.
- 2013: 9 praias da Costa da Morte lucirán este verán a Bandeira Azul.
- 2012: 8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
- 2012: A praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte coa Q de Calidade.
- 2011: A única praia con dúas bandeiras.
- 2011: A Costa da Morte recupera, e perde, varias Bandeiras Azuis.
- 2010: A Costa perde dúas e gaña unha Bandeira Azul .
- 2009: Tan só 6 praias da Costa da Morte merecen o recoñecemento da Bandeira Azul .
- Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor