As Redeiras buscan sumar novas asociaciadas para loitar contra a falta de relevo xeracional


Se hai un colectivo pioneiro en unidade, ese é o das redeiras. Pero o relevo xeracional está complicado, verdadeiramente. Por iso, a A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao comeza o vindeiro sábado, 23 de setembro, una rolda de tres mesas de portos baixo o nome Enrólate coas redeiras, que levará a experiencia asociativa das redeiras a colectivos profesionais de Carballo, Sada e Portosín e Porto do Son.
Unha iniciativa tenta sumar novas asociadas e loitar contra a falta de relevo xeracional, entre outros obxectivos. O colectivo de desempregad@s pode ser un dos focos de atención das redeiras, que xa teñen en marcha un curso de formación na profesión, e que teñen constatado a curiosidade que esperta esta actividade entre mulleres desempregadas que buscan unha alternativa e un modo de contribuír ás rendas familiares.
Neste sentido, era necesario un labor divulgativo sobre a actividade profesional das edeiras naqueles contornos susceptibles de que haxa interesados/as en formarse en acadar a titulación para poder desenvolver a actividade de redeira.
Así, o sábado 23 de setembro, membros da directiva de O Peirao desprazaranse ao espazo Forum de Carballo onde explicarán as finalidades desta entidade así como a importancia da fórmula asociativa para acadar obxectivos comúns.
Esta iniciativa conta co apoio da Consellería do Mar, concretamente co da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
Novas sobre as redeiras
- “En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”.
- 17 persoas aprenden a profesión de redeira en Malpica.
- Malpica acolle un novo curso profesional para as redeiras.
- As redeiras, pioneiras en materia de prevención.
- Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles.
- Maio 2017: As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- Abril 2017: As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego.
- Outubro 2016: Un aseo, unha necesidade básica cuberta para as redeiras de Malpica.
- Abril 2016: As redeiras de Corme e Malpica especialízanse no interiorismo.
- Novembro 2016: As redeiras de Malpica xa tecen na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).