Martes. 30.04.2024
El tiempo

Reanudada a busca dun pescador que caeu ao mar en Camariñas

Reanudada a busca dun pescador que caeu ao mar en Camariñas
Busca do pescador pola zona de Camarinas Helimer e Salvamer na busca do pescador pola zona de Camariñas

Efectivos de Salvamento Marítimo buscan un mozo de 24 anos (ao parecer residente en Bertamiráns) que desaparecía arredor das 14:40h deste domingo 28 de outubro. Cren que puido caer ao mar nunha zona rochosa próxima á ermita da Virxe do Monte mentres estaba pescando cun grupo de persoas. Eran os propios compañeiros de pesca os que avisaban aos voluntarios de Protección Civil de Muxía, estes os que daban o aviso ao 112.

Ata o lugar do suceso desprazáronse o helicóptero Helimer, a embarcación Salvamar Altair, a Garda Civil e Protección Civil. Arredor das 19:00h, os labores de búsqueda suspendéronse por falta de visibilidade. Mañá luns a primeira hora retomaranse os labores para dar co rapaz.

9:00h: Reanudada a búsqueda

A primeira hora deste luns, efectivos de Protección Civil de Camariñas confirmaban que reanudaban a busca, coa colaboración da Salvamar Altair, unha embarcación da Cruz Vermella e varias patrullas da Garda Civil.

A busca tamén se activou por Muxía

Comentarios