Venres. 29.03.2024
El tiempo

Candieira organiza en Cabana un taller de xeración de ideas

Candieira organiza en Cabana un taller de xeración de ideas
A Escola de Vela de Cabana de Bergantiños acolle o mañá, día 13 de setembro, o primeiro taller de xeración de ideas, dirixido a mulleres das zonas costeiras que queiran levar a cabo iniciativas económicas ou asociativas relacionadas co mundo do mar. Esta primeira sesión de traballo realizarase tamén en Baiona. Estes obradoiros son de balde e concíbense dun xeito práctico, posto que están encamiñados á xeración de ideas innovadoras desde o intercambio de saberes e a unión de sinerxías. O equipo técnico que os dirixe propiciará o achegamento de ideas e iniciativas, tanto económicas como asociativas. Posteriormente, algunhas destas ideas contarán co apoio e o asesoramento de persoas expertas para poñelas en marcha. As sesións reunirán a persoas de diferentes ámbitos dispostas a facer que prenda a candea da creatividade e da innovación. Presentaranse algunhas iniciativas levadas adiante, que poden ser inspiradoras, pero sobre todo faranse dinámicas de creatividade grupal, que servirán para o coñecemento entre as persoas participantes, o intercambio de saberes e experiencias e o xurdimento de novas iniciativas. Ao longo de todo o mes de setembro, o proxecto de cooperación Candieira organiza seis talleres deste tipo en distintos puntos da comunicade. Os GALP Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda forman parte do proxecto Candieira que integra así a 56 municipios costeiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios