Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Comisan 1755 quilos de mexilla furtiva da Reserva Mariña dos Miñarzos

Comisan 1755 quilos de mexilla furtiva da Reserva Mariña dos Miñarzos
Mariscadoras traballando nas rochas da reserva Mariña de Os Miñarzos de Lira - Foto- Rebeca Hermo para Pensanomedio Mariscadoras traballando nas rochas da reserva Mariña de Os Miñarzos de Lira - Foto- Rebeca Hermo para Pensanomedio

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 1.840 quilos de peixe e marisco e 237 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados polo litoral galego nos últimos días. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 3.950 metros de artes de enmalle.

Cómpre destacar que na nosa bisbarra, na ría de Muros e Noia os gardacostas comisaron 1.773 quilos de diversas especies e incautaron 3.600 metros de artes de enmalle e 69 artes de pesca. O operativo máis destacado tivo lugar na reserva mariña dos Miñarzos, onde os inspectores da Xunta se fixeron con 1.755 quilos de mexilla, a cría do mexillón.

Un traballo moi duro o da mexilla. Sorprende que se faga furtivamente, a plena luzo do día. :

 

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios