Sábado. 27.04.2024
El tiempo

En marcha unha nova Quedada de Pesca na costa de Bergantiños

En marcha unha nova Quedada de Pesca na costa de Bergantiños
Spining Pesca Corme O vindeiro domingo 4 de novembro celébrase a III Quedada de Pesca de Fondo e Spinning Costa da Morte, que se celebra entre o Faro Nariga e a desembocadira do río Anllóns, organizada polo Club de Pesca Nororeste mais a Tenda de pesca A Bordo de Ponteceso. Había que repetir despois do éxito do ano pasado, que contou con 55 persoas e este ano seguramente serán máis. A saída será ás 7:30h, e cada pescador escollerá a súa zona escollida para pescar. Ao remate quedarase sobre as 12:30h na zona do porto, onde se farán as pesadas, e de seguido xa se irá á Cervería O Biscoteiro de Corme, e se vexarán os premios (cada ano máis importantes) se ben todo o mundo levará un detalle.

Inscricións

As inscricións xa as podedes facer antes do 31 de outubro nos teléfonos 881 984 914 ou 699 234 780. A cota de inscricións (que inclúe a pesca e a comida) é de 20€. Os acompañantes que vaian só a Corme son 15€, e o menú infantil 10€.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dous-pescadores-de-ponteceso-pescan-un-robalo-de-8-300kg/ https://quepasanacosta.gal/a-quedada-de-pesca-uniu-a-medio-centenar-de-pescadores-na-costa-cormela/

Comentarios