Evacuado en helicóptero un mariñeiro dun pesqueiro preto de Muros


O helicóptero Pesca-I tivo que trasladar esta pasada noite de martes a mércores a un mariñeiro ferido dun brazo tras sufrir un accidente a bordo dun pesqueiro preto de Muros. O accidente produciuse pasadas as sete da tarde de onte cando o traballador pescaba a bordo dunha embarcación chamada “Gaivota”. Estaban a traballar nunha zona coñecida como os Baixos do Gruño, preto de Monte Louro, en Muros.
O persoal do Servizo de Gardacostas recibiu a petición de Salvamento Marítimo e informaron ao CAE 112 Galicia da súa saída. O ferido foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Accidente na estrada
Arredor das 18:00h da tarde de onte martes, houbo un accidente en Creo, Esteiro. Un vheículo e unha moto colisionaron, e os dous ocupantes da moto tiveron que ser trasladados polo 061 con diversas fracturas, de pouca gravidade.
Fonte
- AXEGA.