Fin tráxico para a peregrinaxe a remo dos bravos irlandeses
Rematou en traxedia unha das peregrinaxes máis auténticas e fermosas que temos recibido pola volta. Xa viñeran, remando, o ano pasado dende Dublín ata Fisterra. E este ano non faltaron á cita os 4 bravos irlandeses a bordo dunha pequena chalana irlandesa chamada “Currach”.
A comezos deste mes de xuño pasaron pola zona. Os Breanndán Ó Beaglaoich, Danny Sheehy, Liam Holden e Breanndán Ó Mhuircheartaigh pararon en Camelle, Fisterra… “Se lle ves as mans cheas de bochas e feridas flipas”, cóntanos Marcos, anfitrión na Molinera de Camelle. I é que entrados os 50 anos, é toda a unha aventura a que fan estes homes de mar. “O máis curioso é que veñen a remo, e só teñen unha vela pequeniña, nada máis”, explícanos tras falar con eles, e escoitar algunha das súas historias. Tenda de campaña pola noite, e a tirar millas.
Despois de facer o Camiño ata Fisterra (máis de 2.500km a remo nesta Celtic Odyssey…) decidiron seguir disfrutando de Galicia e tirar ata Baiona. Foi aí cando tivo lugar a terrible nova. Cruzando o río Miño a “Currach” volcaba, caendo os 4 ao mar. Foron rescatados pero o poeta Danny Sheehy perdía a vida no Hospital, poñendo fin tráxico a esta incrible aventura.
Os Irlandeses en Fisterra durante a visita do ano pasadoHai dous anos, cando chegaron só ata Compostela, gravaran este fermoso documental “Camino by the sea”:
CAMINO BY SEA (Camino an tSáile) - A 2,500 km MODERN DAY CELTIC ODYSSEY from Anú Pictures on Vimeo.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).