Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Localizan con vida un pescador que caía a auga en Canduas

Localizan con vida un pescador que caía a auga en Canduas
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/715973818750394/" width="600" height="400" onlyvideo="1"] Noite de tensión onte en Cabana de Bergantiños. Un home bergantiñán caía a auga mentres pescaba na costa de Canduas, e non foi ata pasadas as 2:30h da madrugada cando os servizos de emerxencia o rescataba con vida. A súa familia, despois de buscalo toda a tarde ao ver que non retornaba (a última vez que se puxera en contacto coa súa muller foi arredor das 19:00h), chamaban ás 22:00h da noite ao 112, que avisou a Salvamento Marítimo que activou un operativo de busca. Helicópteros, embarcacións e por terra voluntarios de Protección Civil de Cabana de Bergantiños e os que se foron unindo á busca desde concellos lindantes, como Malpica e Laxe, e tamén os membros do GES de Ponteceso comenzaron os rastrexos ata que ás dúas da madrugada deron co home tirado entre as rochas. O pescador foi rescatado polo Helimer para ser trasladado ao Aeroporto da Coruña onde agardaban os profesonais sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias para sometelo a un primeiro recoñecemento. O home presentaba algún golpes, pero en todo momento estivo consciente.

Comentarios